
miércoles, 2 de mayo de 2007
Primera y Segunda Vuelta

Una vuelta a la política desde el arte
El Conteiner, y Experimentos Culturales , inauguran la segunda edición de este proyecto, de reflexión cultural, que mediante el arte, busca analizar el tema político en el Ecuador.Al igual que la primera muestra que se realizó en el mes de octubre de 2006 hemos invitado a una serie de productores culturales a tratar este tema, ahora con cierta distancia de la coyuntura politica que se vive durante la campaña presidencial.Este es un proyecto de arte contemporáneo , que busca discutir y reflexionar temas como: el rol de los discursos dominantes en las elecciones, la repetición de figuras y patrones históricos, los usos y apropiaciones de los electorados en la vida cotidiana, el rol de los medios de comunicación, las prácticas artísticas como prácticas ciudadanas alternativas, entre otros.
Les esperamos el día martes 8 de mayo de 2007 a las 19h30. La exposición permanecerá abierta hasta el 30 de mayo.
EL CONTEINER Quito - EcuadorIsabel La Católica E12-06 y Galavis esq. Teléfonos: 2235194 – 2225397 - 099216290
http://www.experimentosculturales.com/
lamisiva@experimentosculturales.com
http://www.elpobrediablo.com/
eventos@elpobrediablo.com
Para + información.
Visite el blog:1y2vuelta.experimentosculturales.com
Y opine en el foro interactivo del proyecto
El Conteiner, y Experimentos Culturales , inauguran la segunda edición de este proyecto, de reflexión cultural, que mediante el arte, busca analizar el tema político en el Ecuador.Al igual que la primera muestra que se realizó en el mes de octubre de 2006 hemos invitado a una serie de productores culturales a tratar este tema, ahora con cierta distancia de la coyuntura politica que se vive durante la campaña presidencial.Este es un proyecto de arte contemporáneo , que busca discutir y reflexionar temas como: el rol de los discursos dominantes en las elecciones, la repetición de figuras y patrones históricos, los usos y apropiaciones de los electorados en la vida cotidiana, el rol de los medios de comunicación, las prácticas artísticas como prácticas ciudadanas alternativas, entre otros.
Les esperamos el día martes 8 de mayo de 2007 a las 19h30. La exposición permanecerá abierta hasta el 30 de mayo.
EL CONTEINER Quito - EcuadorIsabel La Católica E12-06 y Galavis esq. Teléfonos: 2235194 – 2225397 - 099216290
http://www.experimentosculturales.com/
lamisiva@experimentosculturales.com
http://www.elpobrediablo.com/
eventos@elpobrediablo.com
Para + información.
Visite el blog:1y2vuelta.experimentosculturales.com
Y opine en el foro interactivo del proyecto
martes, 1 de mayo de 2007
Declaración sobre a defensa do ceo nocturno e o dereito á luz das estrellas (Declaración da Palma)
Os participantes na Conferencia Internacional en Defensa da Calidade do Ceo Nocturno e o Dereito a Observar as Estrelas, reunidos na Palma, Illas Canarias, España, do 19 ao 20 de Abril de 2007, conscientes de que a visión da luz das estrelas foi e é unha inspiración para toda a Humanidade e que a súa observación representou un elemento esencial no desenvolvemento de todas as culturas e civilizacións. Guiados polos principios enunciados no preámbulo da Declaración do 2009 como Ano Internacional da Astronomía que define o ceo como unha herdanza común e universal, e unha parte integrante do ambiente percibido pola humanidade. Lembrando que a Humanidade observou sempre o firmamento para interpretalo e para entender as leis físicas que gobernan o universo, e que este interese na astronomía tivo implicacións profundas na ciencia, a filosofía, os costumes, a cultura e sobre o noso concepto xeral do mundo. Lembrando que a contemplación do firmamento sustentou ao longo da historia moitos dos avances científicos e técnicos que definen o progreso e unha parte fundamental da nosa identidade actual. Recoñecendo que a calidade do ceo nocturno e, polo tanto, o acceso á luz das estrelas, e de cantos obxectos enchen o universo, estase deteriorando en moitas zonas, que a súa contemplación se fai cada vez máis difícil, e que este proceso nos enfronta á perda xeneralizada dun recurso cultural, científico e natural con consecuencias imprevisíbeis. Recoñecendo que o deterioración da nitidez da noite comeza a representar un serio risco para a continuidade das observacións astronómicas, sendo unha rama da ciencia que produce na actualidade un caudal de beneficios directos e indirectos cada vez máis apreciados. Lembrando que na Conferencia de Río de 1992 proclamouse a necesaria defensa “da natureza integral e interdependiente da Terra", e de que esta defensa inclúe naturalmente a dimensión dos ceos nocturnos e a calidade da atmosfera. Lembrando que a Declaración Universal dos dereitos Humanos das Xeracións Futuras afirma que as persoas pertencentes ás xeracións vindeiras teñen dereito a unha terra indemne e non contaminada, incluíndo o dereito a un ceo limpo, e teñen dereito a gozar desta Terra que é o soporte da historia da humanidade, da cultura e dos lazos sociais, o que asegura a cada xeración e a cada individuo a súa pertenza á gran familia humana. Lembrando a vixencia da Declaración Universal dos dereitos Humanos, adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, e as diversas declaracións internacionais sobre o desenvolvemento sostíbel, así como os convenios e protocolos sobre medio ambiente, salvagarda da diversidade cultural, a diversidade biolóxica e a paisaxe, incluíndo igualmente os relativos á conservación do patrimonio cultural e ao freo do cambio climático, e que directa ou indirectamente todos eles inciden sobre a necesidade de salvagardar a nitidez dos ceos nocturnos. Considerando a urxente prioridade de protexer e recuperar as propiedades naturais dos ceos nocturnos como medio excepcional para o desenvolvemento da ciencia, a cultura e o entendemento común. Conscientes da necesidade de establecer alianzas eficaces e urxentes entre os principais actores que poden influír coas súas decisións a inverter o proceso de degradación da calidade da noite, co fin de forxar a esperanza de recuperar e garantir a pervivencia deste patrimonio. APELAN á comunidade internacional, e en particular INSTAN aos gobernos, ás demais autoridades e institucións públicas, aos decisores, planificadores e profesionais, ás asociacións e institucións privadas concernidas, ao mundo da ciencia e da cultura, e a todos os cidadáns a título individual, a adoptar os seguintes principios e obxectivos desta declaración: 1. O dereito a un ceo nocturno nítido e á capacidade de observar o firmamento debe considerarse como un dereito equiparábel ao resto dos dereitos medioambientais, sociais e culturais, atendendo á súa incidencia no desenvolvemento dos pobos e na conservación da biodiversidade. A progresiva degradación do ceo nocturno debe considerarse un risco inminente que hai que afrontar, da mesma maneira que se abordan os principais problemas relativos aos recursos e ao medio ambiente. 2. A conservación, a protección e a posta en valor do patrimonio natural e cultural asociado ás paisaxes nocturnos e á observación do firmamento, representa un ámbito privilexiado para a cooperación na salvagarda da calidade de vida. Por parte de todos os responsábeis, esta actitude implica un auténtico reto de innovación cultural, tecnolóxica, científica e profesional, que esixe realizar un gran esforzo concertado para permitir redescubrir a presenza do ceo nocturno no noso legado patrimonial. 3. A educación constitúe un poderoso vector capaz de inverter o divorcio crecente entre a cultura actual e a apreciación do ceo estrelado como fiestra ao universo. A educación e difusión da astronomía, así como dos valores científicos e culturais asociados á contemplación do universo, deberían considerarse como contidos básicos a incluír na actividade educativa en todos os ámbitos. A posta en marcha de experiencias que permitan actuar como referentes e a formación das educadores nestas materias, é hoxe en día un desafío urxente e ineludíbel. 4. Os efectos negativos derivados da mala xestión e intrusión da luz artificial excesiva, esta levando á degradación da calidade atmosférica e lumínica dos ceos nocturnos sobre as especies, hábitats e ecosistemas naturais, representando un factor ata agora pouco valorado no mantemento dos sistemas naturais. Xa que logo, urxe integrar, na súa xusta medida, a dimensión da noite e a calidade dos ceos nocturnos nas políticas de conservación da natureza e fortalecer decididamente a investigación científica neste ámbito. 5. Tendo en conta que o ceo nocturno forma parte integrante da paisaxe que a poboación de cada territorio percibe, considérase necesario que as políticas de paisaxe desenvolvidas nos diferentes ordenamentos xurídicos incorporen as normas correspondentes para garantir a preservación da calidade do ceo nocturno e o dereito á contemplación do firmamento. 6. Defender unha iluminación intelixente que evite a contaminación e o impacto visual e non compita coa luz das estrelas, constitúe un auténtico reto para as administracións públicas, a industria da iluminación, os decisores en materia de enerxía, e para todos os usuarios da luz artificial. En tal sentido, a redución da contaminación lumínica deberá integrarse nas políticas enerxéticas e nos compromisos sobre o cambio climático, xa que unha iluminación que respecta o ceo nocturno é unha iluminación máis racional e máis eficiente enerxeticamente, e moito máis de se utilizaren fontes de enerxía renovábeis. 7. Os ámbitos privilexiados para a observación astronómica dos ceos, constitúen un ben escaso no planeta, e a súa conservación representa un esforzo mínimo en comparanza cos beneficios que aportan ao coñecemento e ao desenvolvemento científico e tecnolóxico. A protección da calidade e transparencia dos ceos nestes lugares senlleiros, que inclúen os emprazamentos de observatorios actuais e potenciais, deberá constituír unha prioridade nas políticas rexionais e nacionais. Deberán extremarse as medidas e disposicións que permitan protexer tales espazos dos efectos nocivos da contaminación lumínica, radioeléctrica e atmosférica. 8. A actividade turística na súa máis ampla acepción debe converterse nun vector dunha nova alianza en favor da calidade do ceo na noite. O turismo responsábel pode e debe integrar o ceo nocturno como un recurso a resgardar e valorar en cada destino. A xeración de novos produtos turísticos baseados na observación das estrelas e os fenómenos da noite, nas rutas do coñecemento estelar, ou no patrimonio cultural e natural asociado á astronomía, abre posibilidades insospeitadas de cooperación entre os actores turísticos, as comunidades locais e as institucións científicas. 9. Os lugares de referencia especial relacionados coa conservación e o desenvolvemento sostíbel, que inclúen entre outros á Rede Mundial de Reservas de Biosfera, os sitios Ramsar ou os declarados Patrimonio da Humanidade, así como as áreas protexidas e os lugares de especial interese para a observación astronómica, representan lugares de especial interese para a promoción de iniciativas orientadas á protección do ceo nocturno e a redución dos efectos negativos da contaminación lumínica. 10 Deberán poñerse en práctica todas as medidas necesarias co fin de sensibilizar e informar ao conxunto de implicados na protección do ceo nocturno, xa sexa a nivel local, nacional, rexional ou internacional, sobre o contido e os obxectivos da Conferencia Internacional en Defensa da Calidade do Ceo Nocturno e o Dereito a Observar as Estrelas celebrada na Illa da Palma.
Fuente “Días Estranhos” http://pawley.blogalia.com/
Fuente “Días Estranhos” http://pawley.blogalia.com/
lunes, 30 de abril de 2007
domingo, 29 de abril de 2007
Opciones a la lectura del Quijote sin necesidad de aniversarios

Imagen de Nel Amaro
El Quijote en mp3
Y nuestra enhorabuena al Departamento de Educación, Cultura y Deporte del Gobierno de Aragón por esta iniciativa y una petición para completar : la inclusión del Quijote de Avellaneda en el mismo formato. Gracias
Fuente Javincho en Tonica per tutti
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

