jueves, 17 de mayo de 2007

Festival de Cans


Un ano máis, e xa van catro... Festival de Cans!. De novo en maio (xoves 24, venres 25 e sábado 26) e de novo coincidindo co noso colega o Festival de Cannes.
O festival de cine máis festeiro de Galicia volve ao rego cargado de todos os símbolos que o fan tan peculiar: alpendres, galpóns e adegas que se converten en salas, unha tropa de chimpibuses para transportar aos espectadores, alfombras vermellas espalladas polos carreiros, moita música de espírito festeiro e a hospitalidade de sona universal dos veciños e veciñas de Cans.
E o que nunca pode faltar no Festival de Cans: as mellores curtas galegas do último ano, unha selección de luxo con ficción, animación e esas curtas inclasificables que alcumamos como “frikis”. Este ano tamén poderemos ver dúas longametraxes de estrea e por primeira vez unha selección dos mellores videoclips do país. Cans, a outra capital do Cine!
Se es tipo fino, tes un modisto que che fai os traxes a medida, só bebes viños con nome francés e de tapa prefires caviar beluga, quizais aínda queden billetes nalgún cruceiro á Costa Azul. Se che gusta a festa, tes curiosidade polo que fan as novas promesas do audiovisual galego e queres sentir o arrecendo do estrume mentres viaxas en chimpín dende o torreiro ata un cuberto transformado en sala de cine, aquí está o teu sitio. Non o penses máis...
vén ao Festival de Cans



Programa do Festival
Xoves 3, 10 e 31 de maioNo Centro Cultural Municipal do Porriño
Canódromo: ciclo de cine con longametraxes feitas con pezas curtas. Xoves 3, 21:00 h. “11 de setembro”, de varios autores.Xoves 10, 21:00 h. Pase especial de “De bares”, de Mario Iglesias, coa presenza do director.Xoves 31, 21:00 h. “Coffee and cigarettes”, de Jim Jarmusch.
Venres 18 e sábado 19
Festa do Cine: nos locais ambientados segundo películas de cine.Nos locais de Espacio Noite
Mércores 23Xornada especial para @s veciñ@s de Cans
21:30 h. Documental “Día de ramo”, un retrato da parroquia de Cans.22:00 h. Curtametraxe “As farolas”, de Abelardo Rendo.Sesión amenizada por Moncho e a súa Armónica e convidados especiais.No Baixo do Bar Moncho, Cans
Xoves 24No Porriño
Proxección da longametraxe “Abrígate”, de Ramón Costafreda21:00 h. Actuación de Uxía, que interpretará temas da B.S.O. do filme.22:00 h. Pase de “Abrígate”.Círculo Recreativo Cultural do Porriño.
00:00 h. Concurso de Videoclips. 01:00 h. Sesión musical a cargo de Juan de Pablos (Flor de pasión, Radio 3)Pub Tubulart.
Venres 25En Cans
21:00 h. Proxección de “Só concertinas”, documental musical de Víctor Coyote.20:00 h. Proxección de “Gritos en el pasillo”, de Juanjo Ramírez. Longametraxe de animación de terror realizada con cacahuetes.No Baixo do Bar Moncho
Noite de Estrea22:00 h. Proxeccións: ● Videoclip gañador do concurso.● “Os Cans de Lobato”, montaxe fotográfica de Xurxo Lobato sobre a edición anterior.● Varios trailers de producións audiovisuais que se estrean nos próximos meses.22:30 h. Entrega dos chimpíns de plata a un veciño e unha persoa do audiovisual pola súa colaboración co festival: o artesán Paco Candán e a actriz Teté Delgado.22:45 h. Entrega do premio de honra Pedigree'07 a Antón Reixa.23:00 h. Concerto de Víctor Coyote, Pablo Novoa e grupo de bombos Os Bravos de São Vicente23:30 h. Concerto de The EllasNo torreiro de Cans
01:00 h. Festa do CineNos locais de Espacio Noite (O Porriño)
Sábado 26
11:00 h. Apertura da Can ParadeNas leiras de Cans
12:00 h. Coloquio na Leira: Tristán Ulloa. 13:00 h. Sesión Vermouth: charanga The Turres Band.No torreiro de Cans
13:30 h. Procesión de chimpibuses amenizada por The Turres Band.16:00 h. Ponse en marcha o servizo de chimpibuses.16:30 h. Inicio das proxeccións nas salas a concurso e no “Jalpón friki” (entrada gratuíta).19:00 h. Intermedio. Actuación de Toni Lomba e Elio dos Santos.20:30 h. Reanúdanse as proxeccións.23:00 h. Entrega de premios.23:30 h. Concerto fin de festa con Festicultores.No torreiro de Cans
01:00 h. Festa do CineNos locais de Espacio Noite (O Porriño)
Mércores 30
22:00 h. Proxección das curtas gañadoras do Festival. Bar Liceum.


miércoles, 16 de mayo de 2007

COMO UN TIRU

Dixei yo: ─ Ah guah.e, paezme que tienes la madera hinchao, o una hernia, o algo así. A ver si pases po’l botiquín pa que te lo miren. -Aseguraba un. ─ ¡Hostia! pues debe tar jodíu porque dioi parte de tres díes.-Contestabai el otru. ─ Vas ver la que se va a montar co’l pipote. ¿Sábelo ya Mortera? Esi cabrón en cuanto lo güela ármala, seguro. -Dixo el primeru como de mala hostia.
Mortera entró na casa aseo echando cagamentos. ─ ¡Cagüen mi güela! ¡El pipote que lu meta Cristo! ─ Y salió como un tiru cai abaxo.



Casimiro Palacios