sábado, 11 de diciembre de 2010

Corporal (je t'aim...) de Lois Pereiro


Da boca a furia, os dentes:

as armas da paixón

que a pel intacta exploran e profanan



Carne de luxo

amor

tóxico inxecta


Callado o frío na man e na ferida

formiguea insurxente

e cicatriza

entre os peitos posibles

doutro trunfo


Pois cada tres segundos

dúas pálpebras lubrican

os seus ollos hostiles que non cren.




poema 1981/1991

Edicións Positivas

Santiago de Compostela 1992

3 comentarios:

p.a.marín estrada dijo...

¿sabése que o próximo Día das Letras Galegas está adicado a este grande poeta da toxicidade? Lois Pereiro, o poeta galego morto mais vivo de todolos poetas galegos mortos...Cuspide na sua tumba un chisco de vida e rabia necesarias...
P.A.M.E.

C.P. dijo...

Home Pablo, yo a Lois dedicoi más de un día.

Victoria Karr dijo...

Eu e que a Lois dedícolle a miña vida.